Amosando publicacións coa etiqueta A revista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A revista. Amosar todas as publicacións

16.5.13

AeA 13

Un ano máis, un AeA máis. Este ano é a quenda do nº 13. Agora xa podedes gozar da revista online.
Agradecémosvos a todos os que como sempre, aportades un anaquiño de vós nesta revista.
Direción, subdireción, redación, coordinadores, colaboracións externas... GRACIAS!

10.5.12

AQUÍ E AGORA 12

Pooooor fin, despois de todo un aniño de moito traballo, Aquí e Agora 12 chegou aos corredores do Xograr e, como non podía ser doutro xeito, chega tamén aos vosos ordenadores, para que a desfrutedes dende as vosas casas.
Podedes lela nesta mesma entrada, clicando na imaxe da portada que tedes situada á vosa dereita ou na pestana superior de "Le as revistas online".

Non esquezades deixarnos a vosa opinión e recomedarnos en twitter co hastag #AquíeAgora12!!



22.4.12

A uns días de AeA12

Aquí e Agora 12 xa é un feito consumado amigos e, para celebralo, o blog muda un pouquiño de aspecto.
A máis tardar nunha semana, o duodécimo número andará rondando polos corredores do Xograr e, por suposto, estará dispoñible para ler aquí online. ¡Permanecede atentos!

Polo de agora, aí vai un adianto: a fermosísima foto de portada, captada polo obxectivo de Olalla Losada.

27.10.11

Seccións AeA12

Esta é a lista de seccións fixas de Aquí e Agora. Se estás moi interesada/o en facer unha en concreto, fáinolo saber polo medio que queiras (e-mail, conversa ordinaria, comentario no blog...) aínda que xa estea asignada.

-Letras Galegas 2012 Asiganada!
-Deportes Asiganada!
-Cine Asingnada!
-Videoxogos Asiganada!
-Música
-Libros Asiganada!
-Taboleiro Asiganada!
-Entrevista a un autor/a Asiganada!
-Entrevista a un profe Asiganada!
-Queixas ao mundo
-Pasatempos Asiganada!
-Álbum de fotos Asiganada!
-Humor

21.6.11

Presentación do nº 11

Un mes despois da súa saída, Aquí e Agora 11 por fin vai ter a súa presentación. Coma sempre será no salón de actos e durante ela contaremos un pouco como se fixo. Comezaremos ás 10:25 e teremos rematado á hora do recreo. Todos os participantes teñen dereito a asistir e a unha pegatina que os identifique como tales.

25.5.11

As xograsolucións

As solucións dos pasatempos xograrinos de AeA11.

As sete diferenzas:

A sopa de letras (nomes que debestes atopar):

Ruth
Paco
Sonia
Chus
Diego
Fernando
Edelmira

O encrucillado:

1-Bolboreta

1-Berce

2-Fiestra

3-Bágoa

4-Larpeirada

5-Chuvia

6-Pomba

7-Quérote

8-Burbulla

9-Beleza

O rosco:

A: Aquí.

B: Bomba

C: Chachi

D: Doce

E: E

F: Fila

G: Galego

H: Hiato

I: Ilusión

L: Lucense

M: Mestre

N: Noite

Ñ: Bañador

O: Ovella

P: Pouco

Q: Queixo

R: Agora

S: Sol

T: Tapar

U: Último

V: Vampiro

X: Ximnasia

Z: Zapato

24.5.11

O noso entroido

Por un despiste no proceso de maquetación, parte da reportaxe de Ruth Fernández sobre o entroido en Galicia aparece descolocada en Aquí e Agora 11 e non se pode ler. Foi un fallo noso polo que pedimos desculpas aos lectores e lectoras e á autora.
A modo de enmenda pegamos aquí o texto orixinal de Ruth:

O noso Entroido

Este ano decidín pasar o Entroido mergullada de cheo no triángulo máxico ourensán: de Verín a Laza e de aquí a Xinzo de Limia, coas súas características Pantallas. Iso si, achegándome a Viana do Bolo para ver de preto os Boteiros, ata o de agora descoñecidos para min, uns personaxes típicos do Entroido do lugar que comparten cos de Vilariño de Conso o seu aspecto, malia as diferenzas que atopan os oriúndos de cada lugar. Vivino intensamente… gozando da gastronomía típica do Entroido dende a véspera ao Xoves de Comadres, onde Verín se vestiu de gala para dar a entrada aos días grandes destas festas. Cos Cigarróns baixando do Castelo de Monterrei fixen un agasallo á miña vista, xa que sinto verdadeira paixón por esta singular máscara do Entroido ourensán, e entre Cigarróns e Peliqueiros desfrutei da festa do Entroido máis ancestral. Destes últimos dise que datan do século XVI, cando os Condes de Monterrei, exercendo o seu poder na comarca, facíanos funcionar como cobradores de tributos. Con 25 quilos ao lombo, o Cigarrón sae polas rúas de Verín facendo notar o seu orgullo a todos os que se achegan para contemplar un dos entroidos máis sonados da nosa xeografía, sen dúbida. Do Domingo Fareleiro ou Borrallento ao Martes de Entroido, pasando polo Xoves de Compadres, o Domingo Corredoiro ou Oleico, o Xoves de Comadres e o propio Domingo de Entroido. Son días de festa asegurada!

Como anticipei, no Carnaval concedemos especial atención á gastronomía. En ningunha mesa faltan a cachucha, as unllas de porco, os chourizos e o botelo ou as androias. Grelos, orella e lacón. O porco é o produto estrela nesas datas. O Entroido é sinónimo de festa rachada en moitos puntos de Galicia, sempre coa axuda de ceas ou xantares "hipercalóricos", abusando da comida ata chegar a un postre ao que ninguén pode resistirse: as filloas con mel, as torrixas e as orellas de Entroido poñen a guinda á festa pagá.

Don Carnal preside esta celebración ata o Mércores de Cinsa, deixando paso, tras o tradicional enterro da Sardiña (a queima do papagaio Ravachol en Pontevedra, que vivín algún ano), ao período da Coresma coa Semana Santa… Sentindo dentro de nós a melancolía que produce o final dunha festa, lembramos a cantiga do Entroido: "Adiós martes de entroido,/ adiós, meu amiguiño,/hasta Domingo de Pascua/ non comerei máis touciño".

No famoso libro de Juan Ruiz, Arcipreste de Hita, a Coresma vese como a personificación do xaxún, da abstinencia, en definitiva, da confesión, mentres que don Carnal no Libro de buen amor remite ao desexo e á gula, xunto a todo o que entendemos polos pecados da carne. Lembremos a seguinte cita: “a ti, Carnal goloso, que nunca te has de hartar/ el Ayuno en mi nombre, te va a desafiar”. Tras a loita, don Carnal recibe a penitencia de que “por tanto pecado/ comiera cada día un manjar señalado/ y nada más comiese, para ser perdonado”. Eses manxares eran garavanzos con aceite, migas, espinacas, lentellas con sal, pan e auga, fabas... alimentos que nada tiñan que ver cos que tanto gozaba don Carnal na obra medieval, caracterizado coma goloso, soberbio, sañudo e poderoso. A loita entre os dous exércitos fai que saian á luz todo tipo de carnes, incluída a caza, fronte aos peixes e as verduras que permite a Igrexa, institución parodiada por prácticas como a venda de bulas.

Máis alá do triángulo máxico ourensán están as máscaras dos Volantes de Chantada, os Xenerais en Boqueixón, A Estrada e Silleda. Pero non quero esquecerme de máscaras acabadas de descubrir nas miñas pescudas sobre o Entroido: a "Mázcara" de Manzaneda, os Felos de Maceda, os Troteiros de Bande ou as Teixugueiras de Cartelle. E tampouco me olvido, como non podía ser doutro xeito, do Oso de Salcedo, na provincia de Lugo, nativo da Pobra de Brollón, que sae á rúa acompañado polos seus criados para asustar os viandantes.

En canto ás peculiaridades de cada zona, convén sinalar os rasgos máis representativos das máscaras ou traxes típicos de lugares coma Xinxo de Limia, Verín ou Laza. No Carnaval de Xinzo o traxe típico son as Pantallas, composto de camisa e calzón brancos, capa vermella ou negra, pano case sempre roxo, polainas negras e zapatos da mesma cor. Non poden faltar nin a faixa vermella cinguida nin as campaíñas, así como as dúas vexigas de vaca secas e infladas que levan na man e que contribúen a facer tan característico ruído. Nese concello o Entroido é o máis longo, tendo xa nos domingos Fareleiro, Oleiro e Corredoiro xornadas de auténtica troula. A Pantalla, símbolo do Carnaval na vila, ten unha peculiar función: vixiar que ninguén ande pola rúa sen disfraz. Ir sen el supón ademais ter que convidar a unha ronda de viño, xa que perseguen e conducen en brazos ás súas vítimas ata o bar máis próximo para pagar uns viños ao grupo de Pantallas, que se caracterizan ademais por emitir, diante dos forasteiros e das mulleres, un son xordo que semella o dun animal que busca meter medo, mentres saltan e rodean a xente. A pantalla (carauta), que lle dá o nome a todo o conxunto, está elaborada con cartón, feltro, fariña, auga, papel de xornal e pintura. Ten trazos de diaño, con cornos e cara de sorna, adornando a parte de arriba con motivos animais ou astrais.

Pola súa parte, en Verín están os Cigarróns, para os que a orixe se sitúa nos antigos cobradores de impostos do Conde de Monterrei, que baixaban ao val facendo sonar as "chocas" para meterlle medo á xente, hoxe portando un látego co que baten aos viandantes. O 17 de xaneiro, día de S. Antón, aparecen por vez primeira. Pero é o domingo de Entroido o gran día, cando ten lugar o desfile de carrozas e comparsas, que este ano foi marabilloso. O traxe de Cigarrón consta dunha carauta de madeira pintada de xeito que se resaltan as cellas, meixelas, o bigote, un sorriso cínico e a dentadura. Na parte de follalata van pintados motivos animais e vexetais (o lobo e a lúa son frecuentes) e pola parte de atrás leva unha pelica, de pel natural ou sintética. Dende o máis alto da mitra tamén colga a crin de cabalo característica. Como roupa leva unha camisa branca e unha gravata vermella. Sobre a camisa vai unha chaquetiña curta de seda con ornamentos dourados, que ata con lazos de cores. Un pano, prendido con broches femininos remata a parte de arriba do traxe. Na cintura leva unha faixa de varias voltas e por riba dela o cinto de coiro do que penduran seis grandes chocas de cobre. Cubrindo as pernas levan un calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e borlas, nas que predominan as cores vermellas e verdes. Viste medias brancas que se suxeitan con ligas e na man leva unha zamarra ou látego do que pende unha badana de pel e do que hai que fuxir cando os vemos avanzar cara nós.

Laza é outro extremo do triángulo do Entroido, comezando o ritual o primeiro día do ano a partir das doce da noite, cando os mozos que logo irán de peliqueiros fan soar as súas chocas. Aos folións, entendidos como procesións nocturnas con misión de desembruxo, sucédenlle o sábado as cabritadas, cantando versos coma os que seguen: "Catro cousas hai en Laza/ non as hai en toda a terra/ peliqueiros, maragatos/ as formigas e a morena". É o domingo cando se estrea o traxe de Peliqueiro, se reparte bica e licores típicos. En Laza pódense vivir rituais tan primitivos como a farrapada, a chamada xitanada dos burros, o día da morena e das formigas. Deste xeito, a praza da Picota atéigase dunha mestura de auga, de terra e de cinsa con formigas.

Cóntovos algo máis: na Gudiña, no CPI Laureano Prieto, este ano tivemos unha visita moi especial no Centro: un Cigarrón (baixo o que se agochaba unha profesora substituta que estivo no centro ata xaneiro). Os rapaces quedaron abraiados cando escoitaron sonar as chocas, cando viron que a máscara do Entroido de Verín pisaba as aulas. Tamén se celebraron o xoves de compadres e o xoves de comadres. Houbo fariñada e folión, desfile para os máis pequenos e chocolate para todos.

Ruth Fernández Fernández

(Profesora de Lingua Castelá e Literatura)

19.5.11

Aquí e Agora 11

Xa podedes ler o undécimo número de Aquí e Agora tanto en papel (biblioteca do Xograr, corredores, sala de profesores...) como en dixital.

O mes que vén presentarémolo no salón de actos. Anunciaremos a data concreta proximamente.

8.5.11

Xa temos revista!

Acabamos de gardar o arquivo en .pdf que será Aquí e Agora 11. Está feito, rematamos! A semana que vén poderedes lelo. Mentres tanto, aquí tedes a portada.


Grazas a tod@s @s que colaborastes!

16.4.11

Queda pouco

Moi, moi pouco para que poidades ter nas vosas mans (ou nos vosos ordenadores) o número ONCE de Aquí e Agora.
Máis queixas, máis entrevistas, ¡máis Xograr!
Todo iso e moito máis, na semana do 20 de MAIO.

19.3.11

ATENCIÓN

A data límite de entrega de contidos para o número 11 de Aquí e Agora é o 22 de abril de 2.011. Os traballos que recibamos máis aló dese día dificilmente poderán ser incluidos na revista, xa que queremos que saia en maio e hai que maquetar e imprimir. Sede responsables e non agardades ao último día!

17.12.10

Dime que suspendías

Cambiamos o "Dime que escoitabas" polo "Dime que suspendías". Profes que queirades participar, aquí tedes as instruccións.

Constrúe un pequeno texto sobre os teus anos de instituto abordando os seguintes puntos:

1. Materias odiadas.
2. Materias favoritas.
3. Materias que suspendías ou case.
4. Materias nas que arrasabas con relativamente pouco esforzo.

Podes engadir calquera outra cousa relacionada co tema e que sexa interesante. As respostas envíaas por e-mail a revistaaquieagora@gmail.com ou entrégallas en man a algún redactor/a. O prazo remata o 10 de xaneiro. A participación prémiase cun agradecemento sincero en AeA 11 e cun marmolubio de boa calidade.

13.10.10

Contidos a repartir

Estas son as seccións fixas que temos que repartir:

-Letras Galegas 2011. Asignada!
-Deportes. Asignada!
-Cine. Asignada!
-Videoxogos. Asignada!
-Música. Asignada!
-Libros. Asignada!
-Taboleiro. Asignada!
-Entrevista a un autor/a. Asignada!
-Entrevista a un/unha profe. Asignada!
-Queixas ao mundo. Asignada!
-Pasatempos xograrinos. Asignada!
-Álbum de fotos. O que precisamos para esta sección é un coordinador ou coordinadora que se encargue de recoller fotos e mini-crónicas das excurisóns máis significativas. Asignada!
-Humor. Asignada!

Facédenos saber cal (ou cales) queredes, aínda que nun principio estea xa asignada, e recordade que podedes traballar en grupo.

Se vos apetece aparecer na sección de equipo, mandádenos un textiño e unha foto do estilo dos do exemplo. Por suposto non é obrigatorio.

7.10.10

Primeira reunión do ano

Empezamos co Aquí e Agora nº11.
O mércores 13 na sala de xuntas, durante o recreo
terá lugar a primeira reunión do equipo.

Un ano máis, recordarvos que calquer alumno/a pode entrar a formar parte da redacción de AeA, de 1º de ESO a 2º de BAC, altos, baixos, críticos ou bromistas: só pedimos ideas, críticas e ganas de seguir mellorando a revista.

Por ser a primeira reunión, probablemente durará todo o recreo e sentimos roubarvos o voso tempo de descanso, pero recordade que todos facemos o mesmo esforzo e a todos nos pagan o mesmo. Prometemos que intentaremos facer só as reunións xustas e necesarias e que moi poucas durarán todo o recreo ^^.

Agardámosvos!

19.9.10

Novo curso

E novo blog.
Non fai falta ser moi observador para decatarse de que está moi, moi cambiado.

-A primeira noticia é unha que levamos moitísimo tempo querendo anunciar: xa están online TODAS AS REVISTAS. Dende xa podedes ir á pestaña de "le as revistas online" e lelas do número 1 ao 10. Ademáis, podedes ler a versión en .pdf da 9 e a 10.
-En "Que é isto?", o coordinador fainos unha pequena introducción sobre o blog.
-Posto que tivo moi boa acollida, decidimos subir o documental que Sandra e María fixeron para a presentación do décimo número, "Aquí e Agora: e xa van dez!". Inclúe información adicional sobre onde se rodou, quen participou...
-Temos a maiores a sección de "O Equipo" que se irá enchendo a medida que vaia avanzando o ano.
-Por último, na páxina de "Contacto" podédesnos mandar preguntas, suxerencias, críticas... e nós contestaremos en canto poidamos.


Co novo curso comezamos tamén a traballar na nova revista.
Toca empezar a pensar no contido, na portada... e nos novos fichaxes.
Se xa es veterano, esperámoste na primeira reunión do ano. E se es novato, colle asento e ¡benvido!
Coma sempre, as reunións serán durante a hora do recreo. Para saber o día, soamente tedes que estar atentos aos carteis que o anuncian ou preguntarlle Xesús.
Recordarvos tamén que estamos esperando as vosas suxerencias e opinións. Todo AQUÍ.

Benvidos ao novo blog e curso.

¡Boa volta ás clases!

26.5.10

Por fin!


Xa está aquí!
Despois de moitos meses de traballo o décimo número de Aquí e Agora ve a luz por fin.
Esperamos que vos guste.



Axiña a versión dixital.

18.4.10

Entre fogóns

O décimo número de Aquí e Agora xa está na cazola. Máis da metade da revista xa está preparada e esperamos ter a outra metade axiña. Se todo vai ben, dentro dun mes poderemos servívola impresa e en dixital.
Aproveitamos tamén para anunciar que este ano, con iso do décimo aniversario, estamos que tiramos a casa pola ventá e imos imprimir dez revistas a toda cor.

3.2.10

Para os profes do Xograr:

Buscamos docentes intrépidos que se atrevan a confesarnos os seus gustos musicais adolescentes (entendendo a adolescencia dos 13 aos 19) para unha nova sección da revista. Se te atreves o único que tés que facer é enchernos estes apartados:

1. Grupos e estilos, 2. A través de que (radio, colegas...), 3. Canción/s favorita/s oi máis significativas, 4. Hoxe (que escoitas agora, se seguiches na mesma estela, se pasas da música, se pensas que é peor/mellor agora...), 5. De camiño (que soa no coche cando vas ou volves ao instituto. Se pertences ao grupo de residentes en Sarria e vés a pé non tés que encher este apartado, obviamente).

As respostas a revistaaquieagora[arroba]gmail.com. Procura non sobrepasar as 300 palabras.
Se temes que che mandemos un troiano tamén podes buscarnos e dicírnolas persoalmente.

2.5.09

O nº 9 xa está no forno

Pouco queda xa para que o número 9 da revista sexa publicado, estou aproveitando estas minivacacións para maquetar todo o que está chegando ao correo electrónico.

Todos aqueles interesados en publicar algo, por favor, que o manden antes do luns 4 a esta dirección:

revistaaquieagora@gmail.com

¡¡Xa queda pouco!!


María