19.9.10

Novo curso

E novo blog.
Non fai falta ser moi observador para decatarse de que está moi, moi cambiado.

-A primeira noticia é unha que levamos moitísimo tempo querendo anunciar: xa están online TODAS AS REVISTAS. Dende xa podedes ir á pestaña de "le as revistas online" e lelas do número 1 ao 10. Ademáis, podedes ler a versión en .pdf da 9 e a 10.
-En "Que é isto?", o coordinador fainos unha pequena introducción sobre o blog.
-Posto que tivo moi boa acollida, decidimos subir o documental que Sandra e María fixeron para a presentación do décimo número, "Aquí e Agora: e xa van dez!". Inclúe información adicional sobre onde se rodou, quen participou...
-Temos a maiores a sección de "O Equipo" que se irá enchendo a medida que vaia avanzando o ano.
-Por último, na páxina de "Contacto" podédesnos mandar preguntas, suxerencias, críticas... e nós contestaremos en canto poidamos.


Co novo curso comezamos tamén a traballar na nova revista.
Toca empezar a pensar no contido, na portada... e nos novos fichaxes.
Se xa es veterano, esperámoste na primeira reunión do ano. E se es novato, colle asento e ¡benvido!
Coma sempre, as reunións serán durante a hora do recreo. Para saber o día, soamente tedes que estar atentos aos carteis que o anuncian ou preguntarlle Xesús.
Recordarvos tamén que estamos esperando as vosas suxerencias e opinións. Todo AQUÍ.

Benvidos ao novo blog e curso.

¡Boa volta ás clases!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Noraboa por todo o traballo de cambio de cara do blog e moito ánimo, para a revista e para o curso.
RNF