Amosando publicacións coa etiqueta Profes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Profes. Amosar todas as publicacións

19.12.11

Dime que querías ser

Aos profes do Xograr:

Como probablemente saberedes, moitos dos membros de AeA atopámonos nun momento da nosa vida no que temos que tomar importantes decisións sobre o futuro. Rematamos o instituto e tócanos escoller un camiño entre os múltiples que se nos presentan, situación especialmente traumática para os que temos a sorte/desgraza de ser multivocacionais.
Por suposto non somos os primeiros (nin os últimos) en pasar por isto. A vós, aos profesores, tamén vos tocou, e de seguro experimentastes sensacións similares ás nosas.
Desas sensacións queremos que faledes na nova entrega do Dime que, esa sección da revista na que os profesores repasan os seus anos de acne.
Se queres participar, só tes que escribir un pequeno texto (medio folio estaría ben) centrado principalmente nos seguintes apartados:

• Vocacións da infancia e da adolescencia.
• Motivos polos que descartastes algunhas das vocacións e vos decantastes por outras.
• Medo a escoller mal.
• Que opinaría o voso “eu” adolescente da vosa profesión actual.

Despois, fáinolo chegar entregándollo a algún dos membros da revista ou enviándoo a revistaaquieagora@gmail.com
A recompensa é un agradecemento sincero na última páxina de Aquí e Agora 12.

17.12.10

Dime que suspendías

Cambiamos o "Dime que escoitabas" polo "Dime que suspendías". Profes que queirades participar, aquí tedes as instruccións.

Constrúe un pequeno texto sobre os teus anos de instituto abordando os seguintes puntos:

1. Materias odiadas.
2. Materias favoritas.
3. Materias que suspendías ou case.
4. Materias nas que arrasabas con relativamente pouco esforzo.

Podes engadir calquera outra cousa relacionada co tema e que sexa interesante. As respostas envíaas por e-mail a revistaaquieagora@gmail.com ou entrégallas en man a algún redactor/a. O prazo remata o 10 de xaneiro. A participación prémiase cun agradecemento sincero en AeA 11 e cun marmolubio de boa calidade.

25.9.10

Wynton Marsalis

Para facer máis fácil a volta ás clases, a profe de Galego, Pepa, mándanos este vídeos do trompetista Wyton Marsalis:


"¿Tes notas agudas?
¿E tes notas graves?
¿E notas rápidas?
¿E notas lentas?
¿Tes notas que sexan doces? (??)
¿E notas que se repitan?
¿Notas que choran?
¿E notas que voen? (Moscardón, de Korsakov)
¿Algunhas notas .....?
¿Algún futuro grupo? (??)
¡Si! Pero rápido ou lento, agudo ou grave, son as notas as que fan que a música empece.

¡Gracias, Pepa!

3.2.10

Para os profes do Xograr:

Buscamos docentes intrépidos que se atrevan a confesarnos os seus gustos musicais adolescentes (entendendo a adolescencia dos 13 aos 19) para unha nova sección da revista. Se te atreves o único que tés que facer é enchernos estes apartados:

1. Grupos e estilos, 2. A través de que (radio, colegas...), 3. Canción/s favorita/s oi máis significativas, 4. Hoxe (que escoitas agora, se seguiches na mesma estela, se pasas da música, se pensas que é peor/mellor agora...), 5. De camiño (que soa no coche cando vas ou volves ao instituto. Se pertences ao grupo de residentes en Sarria e vés a pé non tés que encher este apartado, obviamente).

As respostas a revistaaquieagora[arroba]gmail.com. Procura non sobrepasar as 300 palabras.
Se temes que che mandemos un troiano tamén podes buscarnos e dicírnolas persoalmente.