Aquí e Agora: e xa van dez!

Velaquí tedes o documental exposto na presentación do décimo número do Aquí e Agora.

IMPORTANTE: Propensos/as ao mareo véxano con precaución.





INFORMACIÓN ADICIONAL
-Todas as escenas foron rodadas no Xograr e os seus arredores.
-O lugar onde se entrevista a Xesús é a Sala de Xuntas, sitio importante para a revista, posto que é onde se deciden os seus contidos.
-A entrevista a Ana, Sonia, Nazaret e María é na biblioteca do instituto durante o recreo, por este motivo se escoitan algúns ruídos molestos de fondo.
-No percorrido que se fai na búsqueda das revistas, pasamos por algúns lugares "clave" do instituto: empezamos na entrada, co logo do centro; unha aula do edificio novo (4ºA); o seminario de Lingua Galega; a Sala de Xuntas; a Sala de Profesores; a Secretaría; o patio interior; a cafetería; unha aula do edificio vello (no ordenador aparece o blog vello de AeA) e a Biblioteca.
-A duración real da reportaxe é de 13 minutos aproximadamente. Sen embargo, por un erro á hora de montalo todo, un anaco de audio quedou solto no minuto 20:33, no que se escoita a Xesús repetir o que espera do nº10. Ao ver que non quedaba mal no vídeo, decidimos deixalo.


Este documental foi ideado, executado e pensado integramente por alumnas, gravado con cámaras correntes e montado co Movie Maker. Polo tanto, é imperfecto e poderíase mellorar, pero podémosvos asegurar que se fixo con toda boa intención e con todas as ganas do mundo. 
Soamente esperamos que vós o desfrutedes. Esa sería a mellor recompensa para nós.