Amosando publicacións coa etiqueta Noticias do blog. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Noticias do blog. Amosar todas as publicacións

25.9.13

A e A 14


Setembro 13:

Cómpre poñerse a traballar... outubro está a chegar.

ESTADE ATENTOS!

Mirade, escoitade, lede... e no lugar de sempre á hora de sempre...

PRÓXIMA CONVOCATORIA

       AQUÍ    E   AGORA  14    

22.4.12

A uns días de AeA12

Aquí e Agora 12 xa é un feito consumado amigos e, para celebralo, o blog muda un pouquiño de aspecto.
A máis tardar nunha semana, o duodécimo número andará rondando polos corredores do Xograr e, por suposto, estará dispoñible para ler aquí online. ¡Permanecede atentos!

Polo de agora, aí vai un adianto: a fermosísima foto de portada, captada polo obxectivo de Olalla Losada.

25.9.10

Wynton Marsalis

Para facer máis fácil a volta ás clases, a profe de Galego, Pepa, mándanos este vídeos do trompetista Wyton Marsalis:


"¿Tes notas agudas?
¿E tes notas graves?
¿E notas rápidas?
¿E notas lentas?
¿Tes notas que sexan doces? (??)
¿E notas que se repitan?
¿Notas que choran?
¿E notas que voen? (Moscardón, de Korsakov)
¿Algunhas notas .....?
¿Algún futuro grupo? (??)
¡Si! Pero rápido ou lento, agudo ou grave, son as notas as que fan que a música empece.

¡Gracias, Pepa!

19.9.10

Novo curso

E novo blog.
Non fai falta ser moi observador para decatarse de que está moi, moi cambiado.

-A primeira noticia é unha que levamos moitísimo tempo querendo anunciar: xa están online TODAS AS REVISTAS. Dende xa podedes ir á pestaña de "le as revistas online" e lelas do número 1 ao 10. Ademáis, podedes ler a versión en .pdf da 9 e a 10.
-En "Que é isto?", o coordinador fainos unha pequena introducción sobre o blog.
-Posto que tivo moi boa acollida, decidimos subir o documental que Sandra e María fixeron para a presentación do décimo número, "Aquí e Agora: e xa van dez!". Inclúe información adicional sobre onde se rodou, quen participou...
-Temos a maiores a sección de "O Equipo" que se irá enchendo a medida que vaia avanzando o ano.
-Por último, na páxina de "Contacto" podédesnos mandar preguntas, suxerencias, críticas... e nós contestaremos en canto poidamos.


Co novo curso comezamos tamén a traballar na nova revista.
Toca empezar a pensar no contido, na portada... e nos novos fichaxes.
Se xa es veterano, esperámoste na primeira reunión do ano. E se es novato, colle asento e ¡benvido!
Coma sempre, as reunións serán durante a hora do recreo. Para saber o día, soamente tedes que estar atentos aos carteis que o anuncian ou preguntarlle Xesús.
Recordarvos tamén que estamos esperando as vosas suxerencias e opinións. Todo AQUÍ.

Benvidos ao novo blog e curso.

¡Boa volta ás clases!

18.4.10

Entre fogóns

O décimo número de Aquí e Agora xa está na cazola. Máis da metade da revista xa está preparada e esperamos ter a outra metade axiña. Se todo vai ben, dentro dun mes poderemos servívola impresa e en dixital.
Aproveitamos tamén para anunciar que este ano, con iso do décimo aniversario, estamos que tiramos a casa pola ventá e imos imprimir dez revistas a toda cor.

15.5.09

O chat

Desde hoxe día 15-5-09 queda aberto o chat do Aquí e Agora, onde os alumnos do Xograr poderán falar entre eles.

Aínda que hai unha soa e única condición para comunicarse neste chat:


-Non se pode isultar nin faltar o respecto ós demáis usuarios conectados.


Esperamos que o chat sexa do voso agrado e desexamos que nos visitedes moito.

**O CHAT ESTÁ DESACTIVADO**