Gisela e Damián , directores de AeA, presentan no salón de actos do Xograr o número 19 da revista Aquí e Agora xunto o vídeo que elaboraron a tal fin.
Amosando publicacións coa etiqueta Revista en dixital b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Revista en dixital b>. Amosar todas as publicacións
26.6.19
PRESENTACIÓN Aea19
Gisela e Damián , directores de AeA, presentan no salón de actos do Xograr o número 19 da revista Aquí e Agora xunto o vídeo que elaboraron a tal fin.
17.6.19
16.5.13
AeA 13
Un ano máis, un AeA máis. Este ano é a quenda do nº 13. Agora xa podedes gozar da revista online.
Agradecémosvos a todos os que como sempre, aportades un anaquiño de vós nesta revista.
Direción, subdireción, redación, coordinadores, colaboracións externas... GRACIAS!
Agradecémosvos a todos os que como sempre, aportades un anaquiño de vós nesta revista.
Direción, subdireción, redación, coordinadores, colaboracións externas... GRACIAS!
10.5.12
AQUÍ E AGORA 12
Pooooor fin, despois de todo un aniño de moito traballo, Aquí e Agora 12 chegou aos corredores do Xograr e, como non podía ser doutro xeito, chega tamén aos vosos ordenadores, para que a desfrutedes dende as vosas casas.
Podedes lela nesta mesma entrada, clicando na imaxe da portada que tedes situada á vosa dereita ou na pestana superior de "Le as revistas online".
Non esquezades deixarnos a vosa opinión e recomedarnos en twitter co hastag #AquíeAgora12!!
Podedes lela nesta mesma entrada, clicando na imaxe da portada que tedes situada á vosa dereita ou na pestana superior de "Le as revistas online".
Non esquezades deixarnos a vosa opinión e recomedarnos en twitter co hastag #AquíeAgora12!!
19.12.11
Dime que querías ser
Aos profes do Xograr:
Como probablemente saberedes, moitos dos membros de AeA atopámonos nun momento da nosa vida no que temos que tomar importantes decisións sobre o futuro. Rematamos o instituto e tócanos escoller un camiño entre os múltiples que se nos presentan, situación especialmente traumática para os que temos a sorte/desgraza de ser multivocacionais.
Por suposto non somos os primeiros (nin os últimos) en pasar por isto. A vós, aos profesores, tamén vos tocou, e de seguro experimentastes sensacións similares ás nosas.
Desas sensacións queremos que faledes na nova entrega do Dime que, esa sección da revista na que os profesores repasan os seus anos de acne.
Se queres participar, só tes que escribir un pequeno texto (medio folio estaría ben) centrado principalmente nos seguintes apartados:
• Vocacións da infancia e da adolescencia.
• Motivos polos que descartastes algunhas das vocacións e vos decantastes por outras.
• Medo a escoller mal.
• Que opinaría o voso “eu” adolescente da vosa profesión actual.
Despois, fáinolo chegar entregándollo a algún dos membros da revista ou enviándoo a revistaaquieagora@gmail.com
A recompensa é un agradecemento sincero na última páxina de Aquí e Agora 12.
19.5.11
Aquí e Agora 11
Xa podedes ler o undécimo número de Aquí e Agora tanto en papel (biblioteca do Xograr, corredores, sala de profesores...) como en dixital.

O mes que vén presentarémolo no salón de actos. Anunciaremos a data concreta proximamente.
29.5.10
Número 10 en dixital
E xa temos a terceira revista en dixital!
Dende agora mesmo está a disposición de todos vós tanto aquí, como na web do instituto.
Se mirades na columna da dereita, atoparedes o nº10. Clicade nel para vela.
¡Ide a botarlle unha ollada e contádenos que vos parece!

Xa o prometemos máis veces... pero, cremos que para este verán conseguiremos ter as que faltan en dixital.
¡Cruzamos os dedos!
Polo de agora... ¡abur!
Pdta.: gracias un ano máis a Nacho por sacar un momentiño para subila.
26.5.10
Por fin!
Xa está aquí!
Despois de moitos meses de traballo o décimo número de Aquí e Agora ve a luz por fin.
Esperamos que vos guste.
Axiña a versión dixital.
16.6.09
Aquí e Agora 9 en dixital
Na columna da dereita xa está dispoñible para todos o Aquí e Agora 9 e vou poñer un enlace ó final desta entrada.
E xa temos dúas revista en dixital... guau ¡¡e para o ano próximo o 10º aniversario!!
Soamente nos queda dar outra vez as grazas a Nacho por subirnos a revista.
¡Ah! E agradézome a min mesma pasala a .pdf jeje
Se clicades na imaxe xa vos saen algúns dos cambios deste ano, así que non me vou andar repetindo.
Ea ¡¡disfrutádea!!
1.6.09
Xa está aquí
Por fin! A revista xa está na rúa. Se vos movedes polo Xograr xa podedes ver o nº 9 do Aquí e Agora. Hai un exemplar por aula, uns cantos na sala de profes, outro par na biblioteca, etc, etc, etc... Esperamos que vos guste e agardamos impacientes as vosas críticas (malas ou boas, claro). Nós pola nosa parte temos que dicir que non estamos de todo content@s co resultado. Debido a un erro na marxinación, hai tres títulos de páxina situados ó final da páxina anterior. De quen é a culpa? Eu diría que nosa por pasalo en Word en lugar de en .pdf a pesares de que sabiamos que isto podía acontecer e tamén da imprenta, porque non facía falta fixarse moito para ver que había un erro corrixible (que non tiñan obriga de corrixir, admito tamén). En fin, tampouco hai que darlle moita importancia. Simplemente queriamos explicalo.


Temén teño que informarvos de que, tan pronto como rematen os días de exames que se nos veñen enriba, subiremos a revista en formato .pdf, en cor, con todos os seus contidos para que poidades vela, descargala ou incluso imprimila.
O debuxo de arriba é o orixinal, aínda sen as letras. Non puiden escanear o resultado final.
Saúdos e ata pronto!
13.10.08
Aquí e Agora 08 en dixital
¡¡POR FIN!!
Despois de mil quebradeiros de cabeza sobre como colgala, xa está aquí.
A revista do centro xa está dispoñible en dixital para que calquera a poida ver en formato de power point.Para poder vela podedes clicar aquí ou no enlace que hai á dereita.
Se a revista vos abre en formato de power point en lugar de nunha ventá de google
directamente, só tedes que ir a parte superior, darlle a "Presentación", despois a "Ver presentación" e ir premendo no botón para que as páxinas pasen.
Moitas grazas a Nacho por axudarnos con todo este tinglado, pois el foi o que nos colgou a revista, e non mandarnos a dar un paseiño.
Seguirémosvos contando as novas que surxan.
Non damos máis a lata ¡¡a desfrutar da revista!!

¡¡Un saúdo!!
Pdta.: Tede en conta que as imaxes da revista son escaneos, así que non se lles pode pedir moito máis, para o ano esperamos ter as cousas directamente de word.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Esta obra está baixo unhaCreative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 3.0 Unported License.

