1.6.09

Xa está aquí

Por fin! A revista xa está na rúa. Se vos movedes polo Xograr xa podedes ver o nº 9 do Aquí e Agora. Hai un exemplar por aula, uns cantos na sala de profes, outro par na biblioteca, etc, etc, etc... Esperamos que vos guste e agardamos impacientes as vosas críticas (malas ou boas, claro). Nós pola nosa parte temos que dicir que non estamos de todo content@s co resultado. Debido a un erro na marxinación, hai tres títulos de páxina situados ó final da páxina anterior. De quen é a culpa? Eu diría que nosa por pasalo en Word en lugar de en .pdf a pesares de que sabiamos que isto podía acontecer e tamén da imprenta, porque non facía falta fixarse moito para ver que había un erro corrixible (que non tiñan obriga de corrixir, admito tamén). En fin, tampouco hai que darlle moita importancia. Simplemente queriamos explicalo.


Temén teño que informarvos de que, tan pronto como rematen os días de exames que se nos veñen enriba, subiremos a revista en formato .pdf, en cor, con todos os seus contidos para que poidades vela, descargala ou incluso imprimila.

O debuxo de arriba é o orixinal, aínda sen as letras. Non puiden escanear o resultado final.

Saúdos e ata pronto!

Ningún comentario: