AeA 19
Arriba
e abaixo, branco e negro, estimas e queixas, papel ou electrónica, mel e fel,
innovación ou tradición, todo semella dual e enfrontado no Aquí e Agora 19.
Nada máis lonxe da realidade.
Neste
trixésimo aniversario da caída do Muro de Berlín reflexionamos sobre os
labirintos e as viravoltas da historia, que ás veces parecen repetirse, mais non esquecemos que toda confrontación
desaparece cando se poñen vontades por ámbalas partes.
Nós quixemos
derrubar muros, rachar prexuízos e poñer pingas de paz, pingas de lembranza,
pingas de igualdade, pingas de sabedoría científica, literaria ou artística
para conseguirmos o que soñamos e perseguimos sempre no Xograr, un aquí e agora
pleno de equidade, concordancia, respecto á diversidade…
Confiamos en
conseguilo chanzo a chanzo, rubindo polas escaleiras da educación aínda que a
remontada sexa fatigosa e nos pese nas costas a nosa mochila de aprendizaxe.
AeA sempre foi a meta.
Ultreia xograrinos!...Et suseia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario