AeA 16 chegou impresa en dúas caixas de cartón, apenas medio metro de espazo e pouco menos de 10 Kg de peso. Que pouquiña cousa!, pensaredes. Abofé que non!
Tras desa
liviandade están trinta alumnos, que acoden
con presteza ás reunións nos
escasos minutos que teñen de lecer, entre clase e clase, ao longo das semanas de todo o curso.
Tras desa
brevidade agóchase unha escolma de intres previos , unha posta en común de
ideas, de escollas, de seleccións feitas ao chou, ou por sortes e resortes. Aí están fins de
semana adicadas a adubar as pezas, a arranxar textos e formas; aí están noites de reflexión e desacougos, días
de preguiza e xornadas de
divagación ou clarividencia. Corre o tempo, cadaquén cociña o traballo de seu e
cando os desatinos xa semellan correxidos chega o ensarillado maio,
e xorden novos retos de milimetraxe no ordenador, de adaptación para a
presentación , de arranxos de imaxe …de demoras e
dúbidas , e sobretodo de decisións: cómpre servir o prato.
Resultado
final: velaí o tedes.
AeA 16, produto de consumo rápido, de consumo
inmediato endexamais perecedeiro, sen residuos prexudiciais e con nutrintes
para todos nós:
·
-Adáptase ao horario laboral e ao de lecer
·
-Lese a modiño, a chimpos, ás carreiras, do
limiar ao fin , de diante para tras ou de atrás para adiante….
·
-Agasalla un menú equilibrado ( ciencias, humanidades, deportes, música,
opinión, enquisas, pasa e
repasatempos…..)
Alguén dá
máis? Bo proveito !... Nós recuncaremos, seguro!
Texto por Lola Chaos, coordinadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario