13.10.08

Aquí e Agora 08 en dixital

¡¡POR FIN!!

Despois de mil quebradeiros de cabeza sobre como colgala, xa está aquí.
A revista do centro xa está dispoñible en dixital para que calquera a poida ver en formato de power point.
Para poder vela podedes clicar aquí ou no enlace que hai á dereita.

Se a revista vos abre en formato de power point en lugar de nunha ventá de google
 directamente, só tedes que ir a parte superior, darlle a "Presentación", despois a "Ver presentación" e ir premendo no botón para que as páxinas pasen.

Moitas grazas a Nacho por axudarnos con todo este tinglado, pois el foi o que nos colgou a revista, e non mandarnos a dar un paseiño.

Seguirémosvos contando as novas que surxan.

Non damos máis a lata ¡¡a desfrutar da revista!!

¡¡Un saúdo!!

Pdta.: Tede en conta que as imaxes da revista son escaneos, así que non se lles pode pedir moito máis, para o ano esperamos ter as cousas directamente de word.

1 comentario:

Anónimo dixo...

bUeNoS PuEs K nOs PAsAmOs jUaNjO Y YOp paSaMMOs eNgA WApAs xAo bSs oS QUeRo ! lo DoS !!

bssss

cidaros