19.12.11

Dime que querías ser

Aos profes do Xograr:

Como probablemente saberedes, moitos dos membros de AeA atopámonos nun momento da nosa vida no que temos que tomar importantes decisións sobre o futuro. Rematamos o instituto e tócanos escoller un camiño entre os múltiples que se nos presentan, situación especialmente traumática para os que temos a sorte/desgraza de ser multivocacionais.
Por suposto non somos os primeiros (nin os últimos) en pasar por isto. A vós, aos profesores, tamén vos tocou, e de seguro experimentastes sensacións similares ás nosas.
Desas sensacións queremos que faledes na nova entrega do Dime que, esa sección da revista na que os profesores repasan os seus anos de acne.
Se queres participar, só tes que escribir un pequeno texto (medio folio estaría ben) centrado principalmente nos seguintes apartados:

• Vocacións da infancia e da adolescencia.
• Motivos polos que descartastes algunhas das vocacións e vos decantastes por outras.
• Medo a escoller mal.
• Que opinaría o voso “eu” adolescente da vosa profesión actual.

Despois, fáinolo chegar entregándollo a algún dos membros da revista ou enviándoo a revistaaquieagora@gmail.com
A recompensa é un agradecemento sincero na última páxina de Aquí e Agora 12.

Ningún comentario: