Amosando publicacións coa etiqueta Xuntanzas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xuntanzas. Amosar todas as publicacións

27.10.11

Seccións AeA12

Esta é a lista de seccións fixas de Aquí e Agora. Se estás moi interesada/o en facer unha en concreto, fáinolo saber polo medio que queiras (e-mail, conversa ordinaria, comentario no blog...) aínda que xa estea asignada.

-Letras Galegas 2012 Asiganada!
-Deportes Asiganada!
-Cine Asingnada!
-Videoxogos Asiganada!
-Música
-Libros Asiganada!
-Taboleiro Asiganada!
-Entrevista a un autor/a Asiganada!
-Entrevista a un profe Asiganada!
-Queixas ao mundo
-Pasatempos Asiganada!
-Álbum de fotos Asiganada!
-Humor

29.9.11

AeA12 comeza o seu camiño

Hoxe ía ser a primeira reunión do equipo de Aquí e Agora no curso 2011-2012. Por motivos alleos á nosa vontade non puido ser, así que será mañá. A hora e o lugar son os de sempre: sala de xuntas ás 11:15. Non faltedes!

13.10.10

Contidos a repartir

Estas son as seccións fixas que temos que repartir:

-Letras Galegas 2011. Asignada!
-Deportes. Asignada!
-Cine. Asignada!
-Videoxogos. Asignada!
-Música. Asignada!
-Libros. Asignada!
-Taboleiro. Asignada!
-Entrevista a un autor/a. Asignada!
-Entrevista a un/unha profe. Asignada!
-Queixas ao mundo. Asignada!
-Pasatempos xograrinos. Asignada!
-Álbum de fotos. O que precisamos para esta sección é un coordinador ou coordinadora que se encargue de recoller fotos e mini-crónicas das excurisóns máis significativas. Asignada!
-Humor. Asignada!

Facédenos saber cal (ou cales) queredes, aínda que nun principio estea xa asignada, e recordade que podedes traballar en grupo.

Se vos apetece aparecer na sección de equipo, mandádenos un textiño e unha foto do estilo dos do exemplo. Por suposto non é obrigatorio.

7.10.10

Primeira reunión do ano

Empezamos co Aquí e Agora nº11.
O mércores 13 na sala de xuntas, durante o recreo
terá lugar a primeira reunión do equipo.

Un ano máis, recordarvos que calquer alumno/a pode entrar a formar parte da redacción de AeA, de 1º de ESO a 2º de BAC, altos, baixos, críticos ou bromistas: só pedimos ideas, críticas e ganas de seguir mellorando a revista.

Por ser a primeira reunión, probablemente durará todo o recreo e sentimos roubarvos o voso tempo de descanso, pero recordade que todos facemos o mesmo esforzo e a todos nos pagan o mesmo. Prometemos que intentaremos facer só as reunións xustas e necesarias e que moi poucas durarán todo o recreo ^^.

Agardámosvos!

17.10.08

Primeira reunión

PRIMEIRA REUNIÓN DA REDACCIÓN DA REVISTA DESTE ANO:


MARTES 28 DE OUTUBRO


NA SALA DE XUNTAS DURANTE O RECREO


>SE QUERES PARTICIPAR ESTE ANO NA REVISTA LEMBRA QUE SOAMENTE TÉS QUE ASISTIR ÁS REUNIÓNS